23 de octubre de 2011

EZA030 Trilho das Lages Altas (Paredes de Coura)


Desprezando as predicións meteorolóxicas, os anuncios doutra pequena réplica do Apocalipsis, os Eivadiños Z volveron espallar a pandemia polas terras do Coura, despois dunha inxesta masiva de arroz de parrulo e de bacallao con broas. Cousa brava de zombis que semella que nin sinten nin padecen cando se trata de agochar as súas pegadas por lameiros e regueiros.

12 de octubre de 2011

EZA028 Chã da Matança - Peneda (Arcos de Valdevez)


Zinco Zombies Zumbados fuxiron o doce de Outubro da exaltación da raza, da Hispanidade e da Guardia Civil que son cousas que admiran os mesmos que aman as touradas e que temen as xentes do común. Por iso fóronse a Europa.

9 de octubre de 2011

EZA027 Sendeiro dos Muíños de Mouriscados (Pontevedra)


Todo estaba contra nós, a preguiza infectounos como outra pandemia, e semellaba que faríamos a dixestión dos nosos pecados (e da moita comida inxerida no Peido Vello) baixo un carballo, e ata o noso transporte quixo boicotearnos a tarde. Máis os zombis con Botas volveron demostrar os seus recursos e seguimos espallando a nosa pandemia polas terras de Covelo, a carón dun minguado río Xabriña. O formato pequeno tamén ten o seu aquel.