23 de abril de 2011

EZA008 Senderio dos Muíños do Río Gato (Ourense)


Erguémonos con grandes dubidas, e non dabamos atinado co noso seguinte punto de infección, e non sei moi ben como rematamos en Cartelle, camiñando as beiras dun río Gato que baixaba con augas revoltas. Volvemos as adegas de Mogor, por se atopabamos a Pepe o Sacristan e nos convidaba a unha botella de zume vermello, pero non houbo sorte. Houbo cañas, eso si, na mellor tradición antisenderista.

21 de abril de 2011

EZA006 Sendeiros da Serra da Enciña da Lastra (Ourense)


A pandemia chegou á Serra da Lastra dun xeito accidental, pero unha vez alí estendeuse como unha marea negra. En Vilardesilva declarouse o principal núcleo de infección, e dende alí planeamos colonizar outras áreas cercanas. Loitamos contra as prediccións meteorolóxicas, que tentaban deter a nosa praga, e volvemos á vida grazas á boa xente de Chao do Prao.

18 de abril de 2011

Zombi Zero versus Gladiatore


Comentario (¿humorístico?) de un senderista que ha realizado la Ruta da Liberdade (A Lama, Pontevedra), utilizando el track que comparte Sudando Botas en Wikiloc:

17 de abril de 2011

EZA005 Sendeiro da Costa da Vela (Pontevedra)


A Zombi melodramática tentou aliviar as dores dos nosos corpos corruptos cunha sesión de ioga, e ó remate démonos un festín na fraga dunha casa enfeitizada. Eramos lexión, e dimos en propagar o noso virus pola Costa da Vela, onde había un moita carne fresca estomballada nos areais, e houbo quen quixo sumarse a eles. O espírito antisenderista seguiu a colonizarnos nos ritmos, xa que estivemos máis parados que camiñando.

16 de abril de 2011

EZA004 Rio Vez - Nossa Sra. das Necessidades (Arcos de Valdevez)


Si ou si, a pandemia tiña que estenderse polo pequeno Nepal. E propagouse cunha furia sorprendente, dende Portela de Alvite a Sistelo, dende Tabarca ata a capela da Nossa Senhora das Necessidades, nun día no que caía unha canícula apocalíptica. Sete horas e un feixe de quilómetros nos que se viron zombis a esgalla: polos camiños carreteiros, a beira do río, a sombra dunha capela... Na taberna de Sistelo aínda se fala delo.

12 de abril de 2011

Meus dez sendeiros favoritos de EIVADIÑOS


E145  Máis alá da Devesa da Rogueira >>
A primeira incursión dos Eivadiños no Courel, da man do primo Rober que nos deu acubillo na República Independente do Ferradal. Estabamos fortes de máis e Miguel levounos a ritmo eivadiño pola Devesa, o que nos animou a ascender cara o Formigueiros e baixar polo Alto do Couto ata Moreda, debuxando unha ruta circular na que invertemos preto de oito horas. A noite no Pontón, compensou tódolos nosos suores e descubriunos outros encantos deste anaquiño do paraíso.

10 de abril de 2011

EZA003 Sendeiro do Baixo Tamuxe (Pontevedra)


Coa primaveira a pandemia zombi extendeuse ó longo do Baixo Tamuxe, e no Rosal fuxiron os veciños ante a voracidade dos Eivadiños Z, que non daban aplacado despois de máis dunha hora no Bar Juan. Tamén se viron os corpos espidos da praga nunha poza que quedou colonizada polos mortos que camiñan.

3 de abril de 2011

EZA002 PR Trilho Interpretativo da Ribeira de Covas (Vila Nova de Cerveira)


Avanzamos algo máis que zombis polas estradas de Covas, ata das coas ruinas da fábrica de luz. Todo semellaba morto alí, máis a primavera tentaba por sepultarnos ás beiras do río Coura. Houbo cañas, si, e conversas sobre pornoterrorismo e outras sinais do Apocalipsis.