4 de diciembre de 2011

EZA035 Trilho dos Moinhos de Montedor (Viana do Castelo)


As previsións anunciaban pequenas réplicas do Apocalipsis, e os nosos zombis buscaron acubillo en San Pedro da Torre, devorando racións de malandro para saciar o seu apetito de camiños. O antisenderismo fixose relixión, e merodearon por moiños e praias, colonizaron faros e buscaron grabados nos cantis. Pudo ser diferente, pero non pudo ser mellor.

13 de noviembre de 2011

EZA033 Leiro - Lebosende - Paredes (Ourense)


Ameazaba tormenta, máis os zombis semellan que son inmunes ós cambios climáticos, así que fixeron acopio de forzas en Quins, onde tiveron unha enchenta de carnochada, e avanzaron polas terras do Ribeiro, ata Leiro, para espallar a súa pandemia Antisenderista. Paparon mazáns, uvas, ervedos e figos, para completar a súa dieta, aínda que non poideron completar a súa ruta.

6 de noviembre de 2011

EZA032 Ruta do Canón do Sil, one more time (Ourense)


Como bós zombis, insistimos nos territorios xa infectados, e outra vez as nosas pegadas se espallaron pola Ribeira Sacra, camiñando entre soutos pragados de follasca e sorteando cantís con espectaculares panorámicas. Entramos no pobo cando o sol xa desaparecera do mundo, confundidos coas tebras, e non houbo balbordo de cans, nin murmullo de vellas, pois a nosa colonización estaba completa.

1 de noviembre de 2011

EZA031 Ruta do Canón do Sil (Ourense)


Era o tempo dos ourizos e das follascas tentando sepultar as nosas pegadas, tanto foi así que dimos voltas de máis para chegar a un territorio que pedía a gritos que espallaramos a nosa pandemía. E foi alí, preto das beiras do Sil, onde atopamos esa sínfonia de cores das que nos falaba o profeta, nos tempos aqueles nos que o Apocalipsis semellaba tan lonxano...

23 de octubre de 2011

EZA030 Trilho das Lages Altas (Paredes de Coura)


Desprezando as predicións meteorolóxicas, os anuncios doutra pequena réplica do Apocalipsis, os Eivadiños Z volveron espallar a pandemia polas terras do Coura, despois dunha inxesta masiva de arroz de parrulo e de bacallao con broas. Cousa brava de zombis que semella que nin sinten nin padecen cando se trata de agochar as súas pegadas por lameiros e regueiros.

12 de octubre de 2011

EZA028 Chã da Matança - Peneda (Arcos de Valdevez)


Zinco Zombies Zumbados fuxiron o doce de Outubro da exaltación da raza, da Hispanidade e da Guardia Civil que son cousas que admiran os mesmos que aman as touradas e que temen as xentes do común. Por iso fóronse a Europa.

9 de octubre de 2011

EZA027 Sendeiro dos Muíños de Mouriscados (Pontevedra)


Todo estaba contra nós, a preguiza infectounos como outra pandemia, e semellaba que faríamos a dixestión dos nosos pecados (e da moita comida inxerida no Peido Vello) baixo un carballo, e ata o noso transporte quixo boicotearnos a tarde. Máis os zombis con Botas volveron demostrar os seus recursos e seguimos espallando a nosa pandemia polas terras de Covelo, a carón dun minguado río Xabriña. O formato pequeno tamén ten o seu aquel.

29 de septiembre de 2011

EZA026 Trilho Transparque (Melgaço)


Insistimos en espallar a pandemia alén das nosas fronteiras, e seguindo a liña do río Laboreiro escribimos unha das páxinas máis fermosas da nosa historia Zombi. O noso senhor da Boa Morte inspirou a Comandante Z nunha ruta arraiana na que, deseguro, insistirán outros colectivos, seguindo a nosa estela antisendeirista. Mergullámonos unha, dúas e ata tres veces, e o Zombi con Botas tivo un momento verdadeiramente terrorifico en Ameijoeira.

25 de septiembre de 2011

EZA025 Trilho da Varanda do Coura (Paredes de Coura)


A pandemia, as veces, é algo recurrente, e por iso volvemos as terras do Coura, o mesmo sendeiro que o Zombi Zero percorrera en solitario tan só un mes atrás. A primavera rivalizando co outono que xa estaba a alfombrar as fragas de follasca. Pouco antisenderismo, eso si, xa que non descubrimos o bar ata o final da ruta. A nosa tolemia, poidemos comprobar, tamén é contaxiosa, e houbo quen viu con nova máscara ¡magoa de non ter testemuña gráfica!

18 de septiembre de 2011

II Andaina do Galiñeiro contra os eólicos


Antes de que a pandemia dos eólicos invada a serra do Galiñeiro, os Eivadiños Z sumáronse a un feixe de ciudadans conscientes e solidarios para berrar en defensa da Terra. Quizáis non sexa máis que outro acto romántico contra a inminencia do Apocalipsis, e non fósemos quen de rachar o silencio dos miles de zombis urbanitas que decidiron quedar ó abrigo do cemento e do asfalto, pero que outra cousa nos queda senón berrar o vento, para saber que somos algo máis que xente.

11 de septiembre de 2011

EZA024 Trilho do Cabeço do Meio Dia (Caminha)


Tantos excesos na nosa dieta carnivora (por algo somos zombis) leváronnos á procura dun menú vexetal, e chegamos a Caminha seguindo o rastro equivocado. Comimos tarde, mal e arrastro, e como penitencia subimos á Serra da Arga, nunha tarde gris e poallenta, na que esquilmamos canto árbore frutal atopamos polo camiño. A nosa pandemia estendeuse, por simpatía, ata terras francesas.

4 de septiembre de 2011

EZA022 Sendeiros da Franqueira e do Xabriña (Pontevedra)


A pesares de que prometía unha xornada moi antisenderista, comendo con verdadeiro apetito zombi, e cunha climatoloxía que facía dubidar as criaturas helitrópicas, o final a Comandante Z explorou, fixou e guiou as nosas minguadas tropas (cousas do Apocalipsis) seguindo o rastro dos romeiros da Franqueira, e dende alí espallamos novamente a pandemia polas beiras do Xabriña.

31 de agosto de 2011

EZA021 Trilho da Varanda do Coura (Paredes de Coura)


Xa non había estacións no mundo, ceos grises e terra mollada en agosto, a xente pechada nas casas para impedir o avance da pandemia, e ainda así as pegadas zombis acadaron o territorio mitico do Coura, onde comezou a historia Eivadiña antes de que tiveran nome. As bestas fuxiron ó noso paso, agas unha cabuxa cariñosa que deu en lamber as feridas do Zombi Zero. Dende os miradouros de ferro o horizonte semellaba unha réplica do Apocalipsis.

28 de agosto de 2011

EZA020 Trilho do Caminho dos Mortos (Monção)


Moitos foron os que dixeron que estabamos mortos, máis os Eivadiños ergueronse outra vez, racharon as lousas, e volveron vagar polos camiños, como as animas da Santa Compaña. Mesmo se atreveron a subir polo Caminho dos Mortos, cara onde o mundo, unha vez máis, chamase Sistelo. Non chegaron tan lonxe, pero a xornada deu para infectar un bo feixe de carreiros e congostras. O senhor dos Passos semellou simpatia polos zombis.

21 de agosto de 2011

EZA019 Sendeiro de Espicho do faro (Pontevedra)


A Z maiusculo forneceunos dunha guía local, para espallar a nosa pandemia por territorios incógnitos. Outra vez ese sol apocaliptico que afastaba as almas dos nosos camiños. Na mellor tradición antisendeirista camiñamos pouco e comemos moito... e ben que o agradecimos, os corpos aínda estaban dixerindo os excesos da véspera.

16 de agosto de 2011

EZA018 Sendeiro circular do Baixo Tea (Pontevedra)


A Z maiuscula contaxiose ca nosa pandemia, a pesares de entonar no seu tempo o Requiem ante a lousa que cubriu os restos dos Eivadiños. Outra vez fomos terra e auga, e tempo. As ribeiras do Tea calaron as nosas pegadas baixo un sol apocaliptico, e rematamos nun recuncho do paraíso perdido. As fórmulas mudaron, máis non as formas: o Antisenderismo goza de boa saude.

10 de julio de 2011

EZA017 Ruta da pedra e da auga (Pontevedra)


Un pequeno grupo de Zetas derón en espallar a pandemia polas beiras do río Armenteira, e achegaronse ata o mosteiro para deixar a semente a praga entre as monxas. Un osiño de trapo acompañou os nosos, quizais ca segreda intención de converter os máis cativos. O sol semellaba anunciar o Apocalipses.

5 de julio de 2011

EZA016 Ruta do río Xabriña (Pontevedra)


Baixo un sol apocaliptico marcharon os nosos Eivadiños Z a espallar a pandemia polas beiras do Xabriña. As pedras ermas dos muíños contaronlles segredos dos tempos en que os homes respectaban as terras e os ríos, e vivían en armonía, e un can teimudo quixo trabarlle as pernas a nosa zombi máis nova. Tomaron ó asalto as pereiras de MondariZ, e aínda así derónlles a merenda... Só faltou unha boa sangría.

19 de junio de 2011

EZA015 Na memoria do lobo (Pontevedra)


Semellaba que o Apocalipsis andaba preto, pois o sol estabase arrimar de máis o noso mundo e a meirande parte dos humans espallabanse polos areais buscando refresco as beiras do océano. Máis os Eivadiños Zombis, fieis a súa natureza, derón por acalorarse máis nos montes de Cotobade. Tamén mergulláronse nas augas do Almofrei para contaminar as súas augas coa pandemia.

Primeira andaina polos Montes do Morrazo


Arredor de 40 persoas participaron este sábado 18 no primeiro dos roteiros organizados pola Plataforma en defensa dos Montes do Morrazo para defender e dar a coñecer a grande riqueza natural, paisaxística e patrimonial destes montes.

14 de junio de 2011

Roteiro contra o parque eólico en Pedras Negras


Este sábado 18 de xuño a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organiza un roteiro para dar a coñecer a zona afectada polo proxecto de parque eólico que a multinacional italiana Enel Green Power España, pretende construir no Morrazo.

12 de junio de 2011

EZA014 Sendeiro do río da Fraga (Pontevedra)


O antisenderismo intalouse nos días derradeiros, como unha alternativa ós excesos da véspera. Somos poucos, e non somos mellores, pero somos. Comezamos como dúo dinámico e rematamos como os tres suda-mar-i-cons. Cando os Eivadiños vivían semella que non era moi diferente.

8 de junio de 2011

EZA012 Trilho do Glaciar e do Alto Vez (Arcos de Valdevez)


Viñeronnos visitar sen saber que a infección xa nos cobrara entre as súas victimas e contaxioselles o virus fatal. Agora saben que o mundo tamén se chama Sistelo, e nos seus soños volveran lembrar as pegadas compartidas. De certo que o trilho do val glaciar e un forte reclamo para calqueira (e a paparota que nos dimos en Salvaterra despois, tamén).

7 de junio de 2011

EZA011 Camiño natural do Barbantiño (Ourense)


O territorio xa estaba infectado, pero deusenos en insistir na compaña dun da miña corda, despois encher o bandullo no Casal de Quins, onde saimos máis zombis que nunca pola inxesta masiva de cadáveres e licores varios. O exercicio de antisenderismo completouse nas termas de Outariz.

22 de mayo de 2011

EZA010 Camiño natural do Barbantiño (Ourense)


Na primaveira os Eivadiños Z tiveron o seu empacho de melodrama, e deron por espallar as sua pandemia polas beiras do Barbantiño, onde colonizaron pozas e muíños. O mundo mudara moito dende aquela primeira vez na que se deixaron ver por aquí, cando aínda non caera a lousa sobre o noso leito.

23 de abril de 2011

EZA008 Senderio dos Muíños do Río Gato (Ourense)


Erguémonos con grandes dubidas, e non dabamos atinado co noso seguinte punto de infección, e non sei moi ben como rematamos en Cartelle, camiñando as beiras dun río Gato que baixaba con augas revoltas. Volvemos as adegas de Mogor, por se atopabamos a Pepe o Sacristan e nos convidaba a unha botella de zume vermello, pero non houbo sorte. Houbo cañas, eso si, na mellor tradición antisenderista.

21 de abril de 2011

EZA006 Sendeiros da Serra da Enciña da Lastra (Ourense)


A pandemia chegou á Serra da Lastra dun xeito accidental, pero unha vez alí estendeuse como unha marea negra. En Vilardesilva declarouse o principal núcleo de infección, e dende alí planeamos colonizar outras áreas cercanas. Loitamos contra as prediccións meteorolóxicas, que tentaban deter a nosa praga, e volvemos á vida grazas á boa xente de Chao do Prao.

18 de abril de 2011

Zombi Zero versus Gladiatore


Comentario (¿humorístico?) de un senderista que ha realizado la Ruta da Liberdade (A Lama, Pontevedra), utilizando el track que comparte Sudando Botas en Wikiloc:

17 de abril de 2011

EZA005 Sendeiro da Costa da Vela (Pontevedra)


A Zombi melodramática tentou aliviar as dores dos nosos corpos corruptos cunha sesión de ioga, e ó remate démonos un festín na fraga dunha casa enfeitizada. Eramos lexión, e dimos en propagar o noso virus pola Costa da Vela, onde había un moita carne fresca estomballada nos areais, e houbo quen quixo sumarse a eles. O espírito antisenderista seguiu a colonizarnos nos ritmos, xa que estivemos máis parados que camiñando.

16 de abril de 2011

EZA004 Rio Vez - Nossa Sra. das Necessidades (Arcos de Valdevez)


Si ou si, a pandemia tiña que estenderse polo pequeno Nepal. E propagouse cunha furia sorprendente, dende Portela de Alvite a Sistelo, dende Tabarca ata a capela da Nossa Senhora das Necessidades, nun día no que caía unha canícula apocalíptica. Sete horas e un feixe de quilómetros nos que se viron zombis a esgalla: polos camiños carreteiros, a beira do río, a sombra dunha capela... Na taberna de Sistelo aínda se fala delo.

12 de abril de 2011

Meus dez sendeiros favoritos de EIVADIÑOS


E145  Máis alá da Devesa da Rogueira >>
A primeira incursión dos Eivadiños no Courel, da man do primo Rober que nos deu acubillo na República Independente do Ferradal. Estabamos fortes de máis e Miguel levounos a ritmo eivadiño pola Devesa, o que nos animou a ascender cara o Formigueiros e baixar polo Alto do Couto ata Moreda, debuxando unha ruta circular na que invertemos preto de oito horas. A noite no Pontón, compensou tódolos nosos suores e descubriunos outros encantos deste anaquiño do paraíso.

10 de abril de 2011

EZA003 Sendeiro do Baixo Tamuxe (Pontevedra)


Coa primaveira a pandemia zombi extendeuse ó longo do Baixo Tamuxe, e no Rosal fuxiron os veciños ante a voracidade dos Eivadiños Z, que non daban aplacado despois de máis dunha hora no Bar Juan. Tamén se viron os corpos espidos da praga nunha poza que quedou colonizada polos mortos que camiñan.

3 de abril de 2011

EZA002 PR Trilho Interpretativo da Ribeira de Covas (Vila Nova de Cerveira)


Avanzamos algo máis que zombis polas estradas de Covas, ata das coas ruinas da fábrica de luz. Todo semellaba morto alí, máis a primavera tentaba por sepultarnos ás beiras do río Coura. Houbo cañas, si, e conversas sobre pornoterrorismo e outras sinais do Apocalipsis.

20 de marzo de 2011

EZA001 PR Trilho de Terras da Nóbrega (Ponte da Barca)


Os Eivadiños xa estaban mortos e enterrados, e a pesares do peso da lápida seguiron camiñando. Esqueceran o seu nome, a súa historia, pero perduraban as costumes: parada obrigatoria no primeiro bar, á carón do cementerio, e camiñar a modiño ou a rastras, deixando un regueiro de lamentos.